Joy (filme de 2015)
Joy | |
---|---|
Jennifer Lawrence protagoniza Joy | |
Ficha técnica | |
Director | David O. Russell |
Produtor | John Davis Megan Ellison David O. Russell |
Guión | Annie Mumolo David O. Russell |
Intérpretes | Jennifer Lawrence Bradley Cooper Robert De Niro Édgar Ramírez Elisabeth Röhm Isabella Rossellini Diane Ladd Virginia Madsen |
Música | Michael Giacchino |
Fotografía | Linus Sandgren |
Montaxe | Jay Cassidy |
Estudio | Davis Entertainment Annapurna Pictures |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 25 de decembro de 2015 (Estados Unidos de América); 8 de xaneiro de 2016 (Galicia) |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama, Comedia |
Na rede | |
http://www.foxmovies.com/movies/joy | |
|
Joy é un filme biográfico estadounidense de comedia-dramática de 2015, dirixido por David O. Russell, e protagonizado por Jennifer Lawrence (Joy Mangano), Bradley Cooper (un executivo da Home Shopping Network), Robert De Niro (pai de Joy) e Édgar Ramírez (ex home de Joy).
A rodaxe comezou en Boston o 16 de febreiro de 2015. Estreouse o 25 de decembro de 2015 no Estados Unidos de América, e o 8 de xaneiro de 2016 en Galicia, coa dobraxe en castelán.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme conta a historia de Joy, unha moza que vive cunha familia desestruturada, no mesmo fogar vive a súa avoa, a súa filla pequena, a súa nai, enganchada ás novelas televisivas, e seu pai, que vive no soto co exmarido de Joy, un home latino. Joy intenta sobrevivir e ter éxito e intenta lanzar a patente dunha orixinal fregona a través dunha teletenda.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jennifer Lawrence como Joy Mangano, inventora, empresaria, nai divorciada con dous fillos.[1]
- Isabella Crovetti-Cramp como Joy Mangano (nova) [2]
- Bradley Cooper como un executivo da Home Shopping Network que axuda a Joy coa 'Miracle Mop', dándolle un grande impulso.[3]
- Robert De Niro como o pai de Joy[4]
- Édgar Ramírez como Tony Miranne, compañeiro de clase de Joy, e máis tarde o seu home - de quen se divorcia.[5]
- Elisabeth Röhm como Peggy, irmá de Joy[6]
- Dascha Polanco como Jackie, mellor amiga de Joy[7]
- Isabella Rossellini[8]
- Diane Ladd[8]
- Virginia Madsen[8]
- Donna Mills[9]
Produción
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2014, David O. Russell deu a coñecer o seu próximo proxecto, un drama sobre a extraordinaria historia dunha inventora e empresaria americana Joy Mangano, a súa loita en Long Island sendo nai solteira. Russell contratou a Jennifer Lawrence para desenvolver o papel principal do filme; John Davis e John Fox producirían o filme de Davis Entertainment xunto con Ken Mok, mentres que a 20th Century Fox sería titular do dereito de distribución.
A principios de novembro de 2014, Russell dixo que é "unha grande oportunidade para Jennifer de facer algo que non fixera antes" tamén revelou que gustaría de ter a Robert De Niro no elenco e que tamén creara un papel para Bradley Cooper como protagonista.[10] O 11 de novembro, informouse de que De Niro estaba en negociacións finais para volver a traballar con Russell e Lawrence no filme para interpretar o pai de Joy Mangano.[11]; e a principios de decembro de 2014, Cooper confirmou o papel para interpretar a un executivo da "Home Shopping Network" que axuda a Joy no lanzamento da fregona 'Miracle Mop'. Rumoreábase tamén que Melissa Leo estaría no elenco do filme. O 8 de decembro, Édgar Ramírez uniuse ao elenco como Tony Miranne, ex-home de Joy. Outros membros do elenco, como Isabella Rossellini, Diane Ladd e Virginia Madsen foron dados a coñecer o 17 de febreiro de 2015.
Rodaxe
[editar | editar a fonte]A rodaxe iniciouse en febreiro de 2015, xusto despois de que De Niro rematase a rodaxe de Dirty Grandpa. Comezou o 9 de febreiro de 2015 en Boston, Massachusetts, sería a terceiro filme de Russell rodado na zona.[12][13] Por mor da neve na cidade a rodaxe pospúxose ao 19 de febreiro, e durou até o 26 de febreiro.[14][15] Despois de filmaren en Wilmington, a produción trasladouse ao Norte Reading, onde a rodaxe tivo lugar en marzo de 2015[16] Máis tarde, o 17 de marzo de 2015, os membros da produción foron vistos filmando en Winchester, MA.[17] O 23 de marzo, a rodaxe realizouse en Reading do Norte. En abril, Lawrence e De Niro foron vistos filmando en Lynn, MA.[18] O 8 de abril, a rodaxe tivo lugar en Hawthorne Hotel en Salem, Massachusetts. O 11 de abril a produción, instalouse para a rodaxe que tivo lugar en Washington Street no centro de Haverhill, MA o 14 de abril.[19]
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Premio | Categoría | Receptores | Resultado | Ref(s) |
---|---|---|---|---|
Premios Óscar | Mellor actriz | Jennifer Lawrence | pendente | [20] |
Globos de Ouro | Mellor filme - Comedia ou musical | Joy | nomeada | [21][22] |
Mellor actriz - Comedia ou musical | Jennifer Lawrence | Gañadora | ||
Crítica de Detroit | Mellor actriz | Jennifer Lawrence | Nomeada | [23] |
Mellor elenco | Jennifer Lawrence, Bradley Cooper, Robert De Niro, Édgar Ramírez, Elisabeth Röhm, Isabella Rossellini, Diane Ladd, Virginia Madsen | Nomeados | ||
Círculo de Críticos de Phoenix | Mellor actriz | Jennifer Lawrence | Nomeada | [24] |
Mellor comedia | Joy | Nomeada | ||
Festival de Capri-Hollywood | Mellor guión orixinal | David O. Russell & Annie Mumolo | Gañadores | [25] |
Editores de Cine dos Estados Unidos | Mellor montaxe nun filme de comedia ou musical | Jay Cassidy | pendente | [26] |
Premios Artio (Casting Society of America) | Comedia de grande orzamento | Mary Vernieu, Lindsay Graham, Angela Peri | pendente | [27] |
Gremio de directores artísticos (ADG) | Mellor dirección artística nun filme contemporáneo | Judy Becker | pendente | [28] |
Crítica de Denver | Mellor comedia | Joy | nomeada | [29][30] |
Gremio de deseñadores de vestiario (CDG) | Mellor vestiario nun filme contemporáneo | Michael Wilkinson | pendente | [31] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "‘American Hustle’s David O Russell,Jennifer Lawrence Circle Joy Mangano Story At Fox 2000" (en inglés). Deadline. 30 de xaneiro de 2014. Consultado o 1º de maio de 2015.
- ↑ ""Isabella Crovetti-Cramp's going to play Jennifer Lawrence's "Young Joy" "" (en inglés). Twitter. 26 de marzo de 2015. Consultado o 1º de maio de 2015.
- ↑ "Bradley Cooper Confirmed to Reunite with Jennifer Lawrence for David O. Russell ’ s Joy, Melissa Leo in Talks" (en inglés). Finalreel. 5 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Robert De Niro Confirms He Will Reteam with Jennifer Lawrence and David O. Russell on ‘Joy’" (en inglés). Variety. 17 de novembro de 2014. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Edgar Ramirez Joins Jennifer Lawrence in David O. Russell’s ‘Joy’" (en inglés). Variety. 8 de novembro de 2014. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Elisabeth Rohm Joins Jennifer Lawrence in ‘Joy’" (en inglés). Variety. 27 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 1º de maio de 2015.
- ↑ "‘Orange Is The New Black’s Dascha Polanco Joins Jennifer Lawrence In ‘Joy’" (en inglés). Deadline. 5 de marzo de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "‘Joy’ biopic starring Jennifer Lawrence begins filming" (en inglés). MyNewsla. 17 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Reality Bites: Donna Mills Gets "A Little Pushy" (But Not Bitchy!) in Queens of Drama" (en inglés). TVInsider. 15 de abril de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "A Q &A with David O . Russell ahead of his Omaha event" (en inglés). Omaha. 9 de novembro de 2014. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Robert De Niro in Talks to Reteam With Jennifer Lawrence for Miracle Mop Movie (Exclusive)" (en inglés). HollywoodReporter. 11 de novembro de 2014. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ ""‘Joy’ begins filming in Mass. on Monday"" (en inglés). BostonGlobe. 6 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "‘Joy’, starring Jennifer Lawrence, Robert De Niro and Bradley Cooper, will begin filming in Boston in February" (en inglés). Onlocationvacations. 31 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "David O. Russell project will film in Wilmington" (en inglés). BostonGlobe. 12 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Wilmington's 'Baptism' into Hollywood" (en inglés). Lowellsun. 10 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "More dates announced for ‘Joy’, starring Jennifer Lawrence, filming in North Reading, MA" (en inglés). Onlocationvacations. 3 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "‘Joy’, starring Jennifer Lawrence, is filming in Winchester, MA today" (en inglés). Onlocationvacations. 17 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Lynn Seaport Landing set for DeNiro" (en inglés). Itemlive. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ ""Major movie comes to Haverhill"" (en inglés). EagleTribune. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Lista de nomeados aos Oscar 2016". Consultado o 15 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Listado completo de nominados a los Globos de Oro". Consultado o 10 de decembro de 2015.
- ↑ "Globos de Oro: 'El renacido', 'Marte' y 'Steve Jobs', grandes triunfadoras". Consultado o 11 de xaneiro de 2016.
- ↑ "'Brooklyn' lidera las nominaciones de la crítica de Detroit". Consultado o 11 de decembro de 2015.
- ↑ "Lista de candidatos a los premios del Círculo de Críticos de Phoenix". Consultado o 12 de decembre de 2015.
- ↑ "'Los odiosos ocho' triunfa en el Festival de Capri-Hollywood". Consultado o 3 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Nominaciones del gremio de montadores: 'Spotlight', fuera". Consultado o 4 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Nominaciones de los premios de la Casting Society of America". Consultado o 4 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Nominaciones del gremio de directores artísticos". Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Lista de nominados a los premios de la Crítica de Denver". Consultado o 6 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Todos los favoritos de la crítica vencen en Denver". Consultado o 11 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Nominaciones del gremio de diseñadores de vestuario (CDG)". Consultado o 7 de xaneiro de 2016.